sábado, 2 de octubre de 2010

Cronica

pois resultou unha boa experiencia, fomos un grupo de xente estupenda e alegre, sin malos rollos e bo ambiente. Eu persoalmente, na segunda etapa dixen que non volvería a facer o camiño de Santiago pero como tí mesmo nos comentaches, "xa veredes como engancha" e podo decir que tes toda a razón. Eu espero facelo o ano que ven, pero un camiño continuo de varios días.
Un saúdo a todo o equipo que disfrutamos desta ruta

Ana

O Camiño de Santiago ensinoume a ter paciencia e a ser solidaria, e a cambio deume un montón de amigos. Animo a todos a facer o Camiño, porque xa sexa que se faga por
fe, por cultura ou por calquera outro motivo, o Camiño sempre che ha de dar algo bo.
O meu saúdo mais agarimoso para todos.

Alicia.

En primeiro lugar agradecer a ti e a asociación o esforzo que facedes
para organizar todas as rutas e os ratos agradables que se pasan con todas as persoas.
O Camiño de Santiago para min era coma unha pequena espiña que tiña que
facer e saber o que se sinte andando o traxecto, paso a paso...
A compañía foi moi boa e esperemos poder repetilo mais adiante.
Un saúdo

Medina

Xa acabamos o camiño,despois de oito etapas.dicir que estivo moi ben,sobre todo a partir de Sobrado que o camiño foi mais guapo,dicir que houbo un grupo moi bo de xente.Agora a facer outras rutas.

Toño Vizoso